Participantes: 50

Horas: 40

Datas realización: Do 1 ao 30 de xuño de 2026

OBXECTIVOS:

Dar a coñecer ás Entidades Locais o seu papel en diversos procedementos vinculados ao medio ambiente e o seu papel tanto na súa tramitación como en materia de cambio climático e protección medioambiental.

Participantes: 50

Horas: 30

Datas realización: Do 8 ao 26 de xuño 2026

OBXECTIVOS: 

Ao rematar o curso, o participante será capaz de:

  • Identificar os principais tipos de sistemas de IA, distinguir os seus usos lexítimos dos seus límites e recoñecer cando un sistema entra no ámbito de aplicación do Regulamento europeo de IA.

  • Deseñar e refinar instrucións en linguaxe natural para obter resultados útiles en tarefas administrativas concretas: redacción de documentos, resumo de expedientes, análise comparativa de normativa e comunicación coa cidadanía.

  • Seleccionar a ferramenta de IA máis adecuada para cada tarefa, tendo en conta o nivel de confidencialidade da información e os recursos dixitais dispoñibles na entidade.

  • Aplicar os criterios do RXPD e do Regulamento europeo de IA para determinar que datos poden introducirse nunha ferramenta de IA e cales non, e actuar en consecuencia antes de iniciar calquera consulta.

  • Detectar erros, alucinacións e sesgos nas respostas xeradas por sistemas de IA e verificar a información nas fontes oficiais antes de incorporala a un acto administrativo.

  • Utilizar a IA para automatizar tarefas repetitivas de oficina mediante instrucións en linguaxe natural, sen necesidade de coñecementos previos.

Participantes: 50

Horas: 30

Datas realización: Do 1 ao 19 de xuño 2026

OBXECTIVOS:

  • Dar ferramentas e estratexias ao persoal da administración local que teñen entre as súas función atender á cidadanía para mellorar a comunicación.

  • Concienciar e sensibilizar á vez que capacitar ao persoal da administración local para mellorar a relación entre as administracións locais e os administrados, garantindo a accesibilidade á información con independencia da diversidade de cada unha das persoas.

Participantes: 50

Horas: 40

Datas realización: Do 1 ao 26 de xuño de 2026

OBXECTIVOS:

  • Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais da norma e a súa posición no ordenamento administrativo.

  • Definir e contextualizar os principais elementos, conceptos e suxeitos actores do procedemento que debe observar a administración.

  • Determinar os distintos dereitos e obrigas de todos os suxeitos implicados no procedemento.

  • Incidir nos aspectos máis novos da administración electrónica: sinatura, expediente, rexistro, arquivos electrónicos

  • Insistir no concepto e en todos os elementos que compoñen o acto administrativo, como núcleo fundamental da relación Administración-administrados.

  • Analizar as fases do procedemento administrativo, no dobre sentido de garantía do administrado e de garantía da Administración para mellor manifestar a súa vontade.

  • Destacar os medios que teñen os administrados para actuar fronte á administración.

  • Destacar outros aspectos xurídicos, administrativos e organizativos que se deducen da normativa estudada.

  • Tratar de conseguir dos/as alumnos/as que realicen este curso, unha motivación ou inquietude por estes asuntos que durante moito tempo, seguirán sendo transcendentais no funcionamento xurídico-administrativo da nosa sociedade.

Participantes: 50

Horas: 30

Datas realización: Do 8 ao 26 de xuño de 2026

OBXECTIVOS:

Xeral

Capacitar ao alumnado na transformación positiva dos conflitos no traballo.

Específicos:

- Desenvolver unha nova comprensión do conflito.

- Identificar os tipos de conflitos, as súas causas e os seus elementos.

- Coñecer o ciclo do conflito.

- Recoñecer os estilos de afrontamento do conflito.

- Reflexionar sobre a importancia dunha boa comunicación.

- Desenvolver habilidades comunicativas.

- Distinguir os diferentes métodos alternos na resolución de conflitos.

- Determinar os diferentes estilos de negociación

Participantes: 50

Horas: 40

Datas realización: Do 1 ao 26 de xuño de 2026

OBXECTIVOS:

  • Adquirir coñecementos e conceptos básicos da seguridade da información.

  • Identificar certos tipos de ataques informáticos e de enganos cibernéticos.

  • Aplicar medidas e recomendacións que nos protexan ante este tipo de ataques informáticos.

Participantes: 50
Horas: 35
Datas realización: Do 1 ao 26 de xuño de 2026

OBXECTIVOS:
* Coñecer a regulación en materia de contratación administrativa recollidas na Lei 9/2017. Analizar a súa
incidencia e aplicación na Administración Local.
* Coñecer de forma teórica e práctica os procedementos de contratación das entidades locais e a utilización de  medios electrónicos para a tramitación dos procedentes contractuais 

PROGRAMA:
* Normativa sobre contratos do sector público.
* Contratos do sector público.
* Configuración xeral: principios, réxime de invalidez e recursos en materia de contratación.
* Ámbito subxectivo e obxectivo da LCSP. Negocios e contratos excluídos. Contratos suxeitos a regulación
harmonizada.
* As partes na contratación administrativa. Órganos de contratación, contratista; condicións de aptitude,
capacidade, solvencia, clasificación, prohibicións de contratar.
* Preparación dos contratos: Expediente de contratación Contido, tramitación, pregos de cláusulas
administrativas e de prescricións técnicas.
* Adxudicación dos contratos: Procedementos e normas. Problemática do fraccionamento.
* Efectos, cumprimento e execución dos contratos, modificación, suspensión e extinción, cesión do contrato.
* Tipos contractuais. Especial estudo dos contratos de obras, servizos e subministracións.
* A plataforma de contratación do sector público.