Participantes: 50
Horas: 40
Datas realización: Do 1 ao 30 de xuño de 2026
OBXECTIVOS:
Dar a coñecer ás Entidades Locais o seu papel en diversos procedementos vinculados ao medio ambiente e o seu papel tanto na súa tramitación como en materia de cambio climático e protección medioambiental.
- Profesor: Formacion Diputación de Lugo
Participantes: 50
Horas: 30
Datas realización: Do 8 ao 26 de xuño 2026
OBXECTIVOS:
Ao rematar o curso, o participante será capaz de:
-
Identificar os principais tipos de sistemas de IA, distinguir os seus usos lexítimos dos seus límites e recoñecer cando un sistema entra no ámbito de aplicación do Regulamento europeo de IA.
-
Deseñar e refinar instrucións en linguaxe natural para obter resultados útiles en tarefas administrativas concretas: redacción de documentos, resumo de expedientes, análise comparativa de normativa e comunicación coa cidadanía.
-
Seleccionar a ferramenta de IA máis adecuada para cada tarefa, tendo en conta o nivel de confidencialidade da información e os recursos dixitais dispoñibles na entidade.
-
Aplicar os criterios do RXPD e do Regulamento europeo de IA para determinar que datos poden introducirse nunha ferramenta de IA e cales non, e actuar en consecuencia antes de iniciar calquera consulta.
-
Detectar erros, alucinacións e sesgos nas respostas xeradas por sistemas de IA e verificar a información nas fontes oficiais antes de incorporala a un acto administrativo.
-
Utilizar a IA para automatizar tarefas repetitivas de oficina mediante instrucións en linguaxe natural, sen necesidade de coñecementos previos.
- Profesor: Formacion Diputación de Lugo
Participantes: 50
Horas: 30
Datas realización: Do 1 ao 19 de xuño 2026
OBXECTIVOS:
-
Dar ferramentas e estratexias ao persoal da administración local que teñen entre as súas función atender á cidadanía para mellorar a comunicación.
-
Concienciar e sensibilizar á vez que capacitar ao persoal da administración local para mellorar a relación entre as administracións locais e os administrados, garantindo a accesibilidade á información con independencia da diversidade de cada unha das persoas.
- Profesor: Formacion Diputación de Lugo
Participantes: 50
Horas: 40
Datas realización: Do 1 ao 26 de xuño de 2026
OBXECTIVOS:
-
Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais da norma e a súa posición no ordenamento administrativo.
-
Definir e contextualizar os principais elementos, conceptos e suxeitos actores do procedemento que debe observar a administración.
-
Determinar os distintos dereitos e obrigas de todos os suxeitos implicados no procedemento.
-
Incidir nos aspectos máis novos da administración electrónica: sinatura, expediente, rexistro, arquivos electrónicos
-
Insistir no concepto e en todos os elementos que compoñen o acto administrativo, como núcleo fundamental da relación Administración-administrados.
-
Analizar as fases do procedemento administrativo, no dobre sentido de garantía do administrado e de garantía da Administración para mellor manifestar a súa vontade.
-
Destacar os medios que teñen os administrados para actuar fronte á administración.
-
Destacar outros aspectos xurídicos, administrativos e organizativos que se deducen da normativa estudada.
-
Tratar de conseguir dos/as alumnos/as que realicen este curso, unha motivación ou inquietude por estes asuntos que durante moito tempo, seguirán sendo transcendentais no funcionamento xurídico-administrativo da nosa sociedade.
- Profesor: Formacion Diputación de Lugo
Participantes: 50
Horas: 30
Datas realización: Do 8 ao 26 de xuño de 2026
OBXECTIVOS:
Xeral
Capacitar ao alumnado na transformación positiva dos conflitos no traballo.
Específicos:
- Desenvolver unha nova comprensión do conflito.
- Identificar os tipos de conflitos, as súas causas e os seus elementos.
- Coñecer o ciclo do conflito.
- Recoñecer os estilos de afrontamento do conflito.
- Reflexionar sobre a importancia dunha boa comunicación.
- Desenvolver habilidades comunicativas.
- Distinguir os diferentes métodos alternos na resolución de conflitos.
- Determinar os diferentes estilos de negociación
- Profesor: Formacion Diputación de Lugo
Participantes: 50
Horas: 40
Datas realización: Do 1 ao 26 de xuño de 2026
OBXECTIVOS:
-
Adquirir coñecementos e conceptos básicos da seguridade da información.
-
Identificar certos tipos de ataques informáticos e de enganos cibernéticos.
-
Aplicar medidas e recomendacións que nos protexan ante este tipo de ataques informáticos.
- Profesor: Formacion Diputación de Lugo
Participantes: 50
Horas: 35
Datas realización: Do 1 ao 26 de xuño de 2026
OBXECTIVOS:
* Coñecer a regulación en materia de contratación administrativa recollidas na Lei 9/2017. Analizar a súa
incidencia e aplicación na Administración Local.
* Coñecer de forma teórica e práctica os procedementos de contratación das entidades locais e a utilización de medios electrónicos para a tramitación dos procedentes contractuais
PROGRAMA:
* Normativa sobre contratos do sector público.
* Contratos do sector público.
* Configuración xeral: principios, réxime de invalidez e recursos en materia de contratación.
* Ámbito subxectivo e obxectivo da LCSP. Negocios e contratos excluídos. Contratos suxeitos a regulación
harmonizada.
* As partes na contratación administrativa. Órganos de contratación, contratista; condicións de aptitude,
capacidade, solvencia, clasificación, prohibicións de contratar.
* Preparación dos contratos: Expediente de contratación Contido, tramitación, pregos de cláusulas
administrativas e de prescricións técnicas.
* Adxudicación dos contratos: Procedementos e normas. Problemática do fraccionamento.
* Efectos, cumprimento e execución dos contratos, modificación, suspensión e extinción, cesión do contrato.
* Tipos contractuais. Especial estudo dos contratos de obras, servizos e subministracións.
* A plataforma de contratación do sector público.
- Profesor: Formacion Diputación de Lugo