Logo Impulsatic

O programa ImpulsaTIC xorde para desenvolver a Orde TER/836/2022, de 29 de agosto, pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia publicada no BOE o xoves 1 de setembro de 2022. Este programa agrupa os proxectos e iniciativas presentados pola Deputación de Lugo destinados a fomentar e facilitar a transformación dixital e a modernización dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Lugo.

O programa ImpulsaTIC componse de tres proxectos concretos que se ofreceron a todos os concellos da provincia de Lugo de menos de 20.000 habitantes e que van destinados a cumprir coas liñas estrátexicas marcadas na Orde TER/836/2022 do Ministerio de Política Territorial

  1. Adecuación ao esquema nacional de interoperabilidad e mellora da eficiencia dos servizos básicos de administración dixital dos concellos da provincia de Lugo a través da integración cos principais servizos e ferramentas de interoperabilidad supramunicipais. Análise da situación actual do concello en canto a servizos de interoperabilidade implantados nos seus aplicativos de administración electrónica (tramitador de expedientes, sede electrónica e rexistro) e implantación de novos servizos
  2. Concellos da provincia de Lugo resilientes, creación de oficinas municipais de prestación de servizos electrónicos aos cidadáns e implantación do sistema de automatización e dixitalización das sesións plenarias municipais
    • Oficinas de asistencia en materia de rexistro. Consiste en reconverter o servizo de Rexistro municipal nunha oficina de asistencia cidadá, onde os cidadáns poidan realizar os seus trámites online cos seus propios terminais baixo a supervisión dos funcionarios ou solicitar a estes funcionarios que os asista e realice trámites electrónicos no seu nome, tanto de propio concello como doutra entidade públicas. Crearase un Rexistro Público de Funcionarios Habilitados e darase cumprimento aos artigos 12 e 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.
    • Concellos resilientes. Consiste en dotar aos concellos de ferramentas colaborativas cloud así como de equipos que faciliten a mobilidade e o traballo a distancia. Mellorarase a seguridade dos sistemas e da infraestrutura de rede, para fomentar un teletrabajo seguro e eficiente.
    • Videoplenos. Automatización do proceso de creación a acta dos plenos municipais, a través da implantación dun sistema que permita gravar as sesións plenarias  e que esta gravación sirva como base para a acta do pleno.
  3. Concellos da provincia de Lugo abertos, transparentes e accesibles
    • Ferramentas de accesibilidade na web municipal.
    • Implantación dun chatbot na web municipal para a axuda ao cidadán
    • Implantación dun módulo de transparencia financeira no portal de transparencia do concello

Logos fondos prtr