Destinatarios: Empregados/as públicos/as dos servizos de audiovisuais, comunicación e protocolo da Deputacion de Lugo.

Obxectivos:

  • Coñecer e aprender as nocións básicas do audiovisual, comunicación e protocolo
  • Coñecer e comparar as funcións dos distintos servizos vinculados ao audiovisual, comunicación e protocolo da Deputación de Lugo.
  • Coñecer os procesos de captación de imaxes de vídeo, fotografías e son nas producións audiovisuais.
  • Analizar o proceso da comunicación e aplicar as habilidades básicas dunha comunicación eficaz e efectiva
  • Coñecer a normativa no ámbito de protocolo a nivel estatal, autonómico e local
  • Coñecer as técnicas básicas para a organización dos principais actos protocolarios das EELL.
  • Mellorar o traballo diario e en conxunto dos servizos de audiovisual, comunicación e protocolo.